Unha dúcia de compañeir@s concentraron-se cunha faixa alusiva, mentres um par de compañeir@s escenificaban o dia a dia dos pres@s nas cárceres españolas: unha vida de reclusión, represión e control permanente de todos os seus actos que procura a sua anulación como seres humanos.
Os ricos nunca entran, os pobres nunca saen. Liberdade Amadeu Casallas. Liberdade presos e presas.
"Nega-se-me a liberdade porque non son sumiso cun sistema penal podre e corrupto, como se demostra no dia a dia, en que a constitución e as leis catalás e españolas de que tanto falan os políticos e os xuices non se aplican. Por qué non me conceden a limitación de condea? A resposta é moi sinxela: porque nacín pobre, como tantos outros compañeiros".
Amadeu Casellas Ramon é un preso encarcerado hai máis de 23 anos, toda unha vida. Esta-se-lle a condear de feito a unha cadea perpetua. Queremos denunciar a situaciónn inhumana na que se atopa Amadeu, por denunciar diversos casos de violencia nas prisións catalanas. É esta unha situación que se vive diariamente en todas as prisións do mundo.
Por denunciar os abusos que acontecen cotidianamente no interior do sistema penitenciário español, e que incluen corrupción, violencia sobre prisioneiros, mortes en situacións pouco claras, torturas, Amadeu, que pertenceu nos anos 80 á Coordinadora de Presos en Loita, ten sido obxeto dunha represión adicional por parte do sistema carcerário, así como de ameazas frecuentes, sendo, por diversas veces, sometido primeiro grao, o réxime de isolamento, e a transferéncias constantes.
Apesar de, segundo a lei española, ter direito á liberación inmediata, pois transcorreron máis de tres cuartos da pena e de superar o tempo efectivo de prisión,o máximo permitido por lei (20 anos), Amadeu continua detido.
Ante esta situación, Amadeu Casellas ten-se visto forzado a facer uso, por diversas veces, da máis drástica forma de protesta a que un preso pode recorrer: a folga de fame. En 2008, tras unha folga de fame de 77 dias, as autoridades accederon a dar início ao proceso de liberación, que pasaria por diversas fases até culminar nunha saida precária de tres dias, durante a que Amadeu procuraría encontrar traballo, para solicitar a aplicación do artigo 100.2, que lle permitiria unha saida diária para traballar, regresando todas as noites á prisión. Seguiría a esta fase a liberdade condicional. Este proceso foi bloqueado sen que houbese unha xustificación satisfactória e consistente por parte das autoridades.
En resposta á represión sufrida tras escribir un comunicado en que identificaba algunhas persoas envolvidas en casos de corrupción nas prisións catalás e exixindo a liberdade, Amadeu deu inicio a unha nova folga de fame que se prolongou durante tres meses, rematando por razóns de saude.
Apesar de se encontrar enfraquecido, Amadeu está a se recuperar e está disposto a proseguir, unha vez máis e mentres for necesário, a loita até conseguir a sua liberdade. Estamos aquí para demostrar, como tantos outros compañeir@s o fixeron en diversas ocasións, un pouco por todo o mundo, a nosa solidariedade e apoio á loita de Amadeu Casellas.
Como podemos durmir tranquil@s? O que está a acontecer nas prisións non coincide cao imaxe que a sociedade se fai. E o que pasa non é precisamente bó. Por iso se esconde. Ao governo dos encubrimentos e aos médios de desinformación non lles interesa contar que nas cárceres hai abusos e torturas, por iso tampouco nos contaron que a pasada semana tivo que se sentar no banco dos acusados o subdirector de seguridade do cárcere de Nanclares acusado de realizar proposicións sexuais ás presas a cámbio de benefícios penitenciários, chegando a ameazá-las ante a sua negativa.
Isto non o van contar, nen tampouco que hai 70.000 persoas presas no Estado Español, a metade delas por delitos contra a propiedade. Delitos contra a propiedade dos que teñen fronte aos que non teñen. Cada día en Compostela, Madrid, Vilagarcía, hai xente que vai ao cárcere por roubar un móbel, unha rádio de coche, chatarra... Nestes momentos no Estado Español hai 1000 persoas en isolamento, isto quere dicir, 23 horas na celda, sós, sen ver a ninguén máis que aos carcereiros. E unha hora de pátio, sen compaña, e que no seu caso é unha gaiola na que nen sequer poden mirar ao ceo sen reixas. Hai presos e presas que levan así anos. enterrados en vida.
A violéncia diária de carcereir@s e polícias fica sen castigo e sen resposta. Temos unha tarefa que facer aquí, alí, en todas partes, en vez de volver aos nosos sofás como meras espectadoras da história, ao calor dos nosos fogares e ao enfriamento da nosa conciéncia.
Desde a CNT-Compostela queremos a sua inmediata liberación e o final das cadeas perpétuas encobertas.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada