dissabte, 7 de març del 2009

CONCENTRACIÓN POLA LIBERTADE DE AMADEU CASELLAS

amadeu casellas liberdadeDesde a CNT Compostela, invitamos à participación na concentración que se vai facer na Praza Roxa de Compostela às 19:00 do dia 2 de marzo, para reclamar a posta en liberdade de Amadeu Casellas e exixir que se respeten os direitos laborais das persoas presas.

O dia 3-03-2009, o compañeiro Amadeu Casellas preso libertário ten dous xuízos, un às 11,45 e outro às 11,50 no Xulgado Social nº1, en Ronda de San Pedro, nº. 41-2ª de Barcelona. Estes xuízos viñeron motivados polas denúncias que o compañeiro Amadeu Casellas verqueu sobre o director do cárcere de Quatre Camins, o responsábel dos turnos nos cuais Amadeu estivo traballando, contra o CIRE (Centro de Iniciativas para a Reinserción) e os responsábeis consecuentes, a “Dirección General de Instituciones Penitenciarias” e o Departamento de Xustiza da Generalitat de Catalunya..

O compañeiro denunciara as condicións que sofren os presos nos traballos dentro das prisións, desde non estar dados de alta na Seguridade Social, con soldos miserábeis (Amadeu chegou cobrar 72 € ao mes por meia xornada como paleta oficial de 1ª e sen SS), como tamén a vulneración das medidas de seguridade necesárias para a sua profisión (botas, luvas, óculos.,etc...), seguindo com despidos irregulares, feitos de maneira arbitrária e sen notificar, non abonar pagas extras e inclusive chegando a non pagar-lle o correspondiente finiquito.

Todo o relatado desgraciadamente acontece fora dos muros das prisións tamén, mais dentro ainda sucede con unha maior impunidade.

A criación do CIRE, o xeito de construir os novos cárceres, o endurecemento do código penal e o consecuente aumento da poboación carcerária, está perfilando con claridade o camiño que quer seguir o estado : privatización dos cárceres, explotación sistemática d@s presxs e grandes benefícios para os empresários “elixidos”, pondo os grandes terreos dos novos cárceres a disposición deles, convertindo así o soño destes indesexábeis en realidade, salários de miséria, submisión e infraestruturas gratis. Estes son algúns dos motivos polo que este xuízo pode-se convertir en algo realmente importante, xa que pode criar xurisprudéncia nun terreo onde é moi difícil defender os direitos, que segundo a sua mesma lei, tería que ter todo preso.

A explotación por parte do CIRE é brutal, xa que en paralelo tamén se encarga da xestión dos economatos dentro dos cárceres, onde é todo moito máis caro que no exterior.
A nivel europeu houbo e hai movilizacións contra as cadeas perpétuas encubertas, que temos que lembrar comezaron en Grécia no mes de Novembro pasado, onde o estado ficou en xaque e teve que liberar a miles de presos (mais de 8.000 chegaron estar en folga de fame).

En realidade houbo logros, que sen a loita deses presos e a axuda exterior xamais se poderian conseguir. Por eses motivos pensamos que debemos estar presentes en todas estas loitas, dado que hai moitos que loitan dentro dos cárceres e teñen moi limitada a axuda que se lles empresta.

POLOS DIREITOS LABORAIS D@S TRABALLADOR@S PRES@S OU EN LIBERDADE


2 Marzo (8 a.m.): A CNT às portas de S.Caetano

Compostela. 2 Marzo, 2009 - 23:17

Concentracion AmadeuNon queriamos deixar pasar o dia da incorporación dos nos@s compañeir@s, sen facer-lles un corredor de benvinda, pola sua reincorporación aos seus postos de traballo na Xunta, despois de pelexar bravamente durante meses.

O dia para alguns polític@s era aciago, mas para a CNT era un dia moi especial, tiñamos que celebrar a reincorporación da Sección sindical do SIEGA ao edifício administrativo central da “Xunta de Galicia”.

Despois na hora do café xuntaron-se unhas vinte persoas, para dar-lles os parabéns aos compañeir@s da sección, en un clima de grande alegria pois os compas son moi queridos polo resto do persoal que ali traballa.

E à tardiña como ficara acordado en asemblea, realizamos unha concentración na praza Roxa de Compostela en solidariedade com Amadeu Casellas, preso social libertário asumido pola CNT. Concentración, à que asistimos unha dúcia de compañeir@s, repartimos 500 panfletos, e despregamos unha faixa alusiva.